Sabela Raposo: a forxa dunha futura campioa

DODRO> Con apenas oito anos, a atleta de Dodro, Sabela Raposo, conseguiu a mellor marca do ano na categoría Sub-10, en mil metros, no Campionato Galego disputado en Lugo, cun tempo de 3:32:97. A marca permitiulle coroarse ademais como campioa galega. Un soño para ela que se fixo realidade.

A súa timidez ante as cámaras non ten nada que ver a como se desenvolve nas pistas de atletismo e nas carreiras populares, onde si se sente cómoda e mostra todo o seu potencial. Hai varias semanas proclamábase en Lugo Campioa Galega Sub-10 en pista descuberta, en mil metros, na categoría feminina, cun tempo de 3:32:97. Unha marca verdadeiramente espectacular, dominando a proba de principio a fin.

Sabela leva apenas un ano competindo máis en serio, formando parte do Club Atletismo Sar. Compaxina a súa actividade no atletismo co fútbol, outra das súas paixóns. Corre porque lle gusta, sen pensar, polo de agora en nada máis..

Como nena que é ten tamén ídolos nos que fixarse…e iso ela teno claro..Como non podía ser doutro xeito, outro atleta de Dodro, ó que lle gustaría parecerse.

Sabela ten unhas condicións innatas, ademais dunha exquisita técnica correndo, pero o que máis a caracteriza é o seu enorme sacrificio e constancia…iso, xa vai de serie tamén, e é sen dúbida o que marca as diferenzas nesta categorías. Desexámoslle moita sorte nos seus próximos retos…pero sobre  todo que nunca deixe de disfrutar co que fai.