MEIS> O Pavillón de Mosteiro acollerá este domingo o II Trofeo Concello de Meis de Baille deportivo. A competición está organizada pola escola pontevedresa Pasos e nela participarán máis de 100 parellas de toda Galicia e Portugal. Hoxe foi presentada no salón de plenos do concello.
Tralo éxito colleitado o ano pasado o Trofeo Concello de Meis de Baile Deportivo volve ó pavillón de Mosteiro, na que será a súa segunda edición.
Organizado pola escola Pasos e en colaboración co concello volverá a repetir o seu éxito de participación. Parellas chegadas dende toda Galicia e Portugal competirán por categorías: dende o nivel máis experto, onde estarán os campións de España, os pontevedreses Patricia Martínez e Adrián Esperón, ata o de iniciación, na que tomarán parte parellas que recén comezan a practicar o baile deportivo.
A competición está dividida en dúas modalidades. Os bailes estándar: Vals vienés, Vals inglés, Slow Fox, Tango e Quick-Step; e os bailes latinos: Samba, Chachachá, Jive, Rumba e Pasodoble.
Para analizar ós deportistas haberá cinco xuices puntuando os bailes, tres cataláns e dous portugueses. O Trofeo Concello de Meis será o domingo, a partires das 15:00 e extenderase ata as 20:00. A inscripción aínda está aberta.
Redacción Salnés