Sacyr comeza a reparar os danos ocasionados polas obras da autovía

    reunionsacyr_100_171008.jpgBOIRO > Representantes do goberno local mantiveron un novo encontro cos técnicos de Sacyr, empresa responsable das obras da autovía do Barbanza.

    {flowplayer}barbanza/reunionsacyr.flv{/flowplayer}

    No transcurso da xuntanza, que se prolongou durante máis de tres horas, os responsables municipais expuxeron ós técnicos de Sacyr máis de trinta puntos sobre os lugares afectados polas obras da autovía do Barbanza. Os técnicos da empresa concesionaria asumiron a súa responsabilidade nalgunhas cuestións relacionadas fundamentalmente coa canalización de pluviais e as deficiencias nos accesos polo que se compremeteron a subsanalas. Segundo informou o alcalde Boirés, Xosé Deira, xa iniciaron os traballos nalgúns puntos das parroquias de Lampón e Cespón.

    Ademais destes trinta e catro asuntos concretos expostos polo goberno municipal existen outros lugares afectados polas obras da autovía do Barbanza. Sen embargo, dende o executivo danse por satisfeitos con que se acometan as reparación solicitadas na reunión.

    En vista de que xa comezaron a traballar nalgunhas reparacións, o rexedor boirés confía en que Sacyr cumpra os compromisos adquiridos e dea por fin resposta ás necesidades dos veciños que son os principais prexudicados.

    Inundacións

    Os problemas derivados das obras de construción da autovía do Barbanza non afectan unicamente ó concello de Boiro. Esete venres, o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac Maceiras, acompañado do deputado do PPdeG, Manuel Ruiz Rivas, achegáronse ata a zona do Freixo, onde mantiveron unha xuntanza cun grupo de veciños. Alí puideron constatar de primeira man a situación que están a padecer estes veciños a consecuencia das enchentas. A consecuencia das malas canalizacións procedentes das obras da autovía do Barbanza as súas propiedades quedan totalmente anegadas. A situación, a pesar de terllo solicitado en máis dunha ocasión ós responsables de Sacyr aínda non foi solucionada a día de hoxe. Temen que rematen as obras e que o problema non sexa resolto. 

    Proposición non de lei

    O deputado popular, Manuel Ruíz, fixo referencia á proposición non de lei que o seu grupo rexistrou no Parlamento na que se reclama á Xunta que inicie, canto antes, os traballos necesarios para arranxar tódolos problemas derivados das obras ó longo dos cinco concellos polos que transcorre a a autovía.

    Por esta razón Ruíz Rivas esíxelle á Xunta que se absteña de protagonizar calquera acto inaugural da autovía da Barbanza mentres non se corrixan a longa nómina de deficiencias e desperfectos provocados polas obras, a maioría deles referidos á reparación e reposición dos camiños existentes, á restauración dos accesos ás fincas que aínda permanecen cortados ou á previsión de recollida de augas e canalizacións.

    Redacción Barbanza