Inaugúrase o novo complexo deportivo de Campaña

campo250_150610.jpgVALGA> O Complexo Deportivo de Campaña, en Valga, xa está listo para o seu uso. Louzán, Bello Maneiro e Cores Tourís inagurárono esta pasada fin de semana. Ademais das obras no campo de futbol, acometéronse traballos no pavillón e equipouse o ximnasio de Cordeiro.

{flowplayer}images/salnes/campoCampana_150610.flv{/flowplayer} 

O Presidente da Deputación, Rafael Louzán, o alcalde de Valga, José María Bello Maneiro, e o Delegado da Xunta, José Manuel Cores Tourís, inauguraron o novo campo de fútbol do complexo deportivo de Campaña, o novo ximnasio e as obras de reforma realizadas no pavillón de Cordeiro.

O campo de fútbol convértese así no centro neurálxico da vida deportiva de Valga posto que albergará a actividade de colectivos como o Club de Fútbol Cordeiro e o Furia. Tamén pisarán este terreo de xogo equipos de veteranos de Valga e de toda a comarca.

As obras consistiron na dotación de céspede artificial de última xeración, dun xogo de porterías de fútbol once, e dous de fútbol sete abatibles, un xogo de bandeirolas de córner, bancadas para suplentes, un marcador, 200 asentos e diversas obras complementarias. Investíronse neste campo 500.000 euros.

O mantemento e conservación do céspede levarase a cabo conxuntamente entre Deputación e Concello, abonando os custos na mesma porcentaxe que nos custos de construción, 75% Deputación, e 25% Concello. A organismo provincial tamén colaborou no equipamento do ximnasio de Cordeiro e nas diversas fases de reforma do pavillón.

Redacción Salnés