Boiro Novo insta ó concello a apoiar as reivindicacións dos pensionistas

BOIRO> Boiro Novo insta ó concello a apoiar explicitamente o movemento en defensa das pensións que, ó igual que en toda Galicia, ten xurdido en Boiro. Con este fin, levarán a pleno unha moción solicitando unha declaración de apoio ó colectivo de pensionistas e instando ó goberno central a subir as pensións. Do mesmo xeito, Boiro Novo comprometeuse a apoiar todo tipo de mobilizacións e acción reivindicativas convocadas polo colectivo para reivindicar pensións dignas.