![]()
NOIA > A actuación, promovida polas Consellerías de Política Territorial e Cultura, ten por obxectivo garanti-la seguridade do tráfico
O delegado provincial da Consellería de Política Territorial e Obras Públicas, Alberto González, desprazouse esta mañá ata o concello de Noia para comprobar in situ o estado en que se atopa a vella ponte de Pontenafonso, un dos elementos patrimoniais máis emblemáticos da comarca de Muros Noia.
Partida de 150 mil euros
A colaboración entre as direccións xerais de Obras Públicas e Patrimonio permitirá acometer a recuperación desta infraestrutura. Para a actuación, que está previsto que se desenvolva durante o primeiro trimestre de 2009, os departamentos autonómicos destinarán unha partida de 150 mil euros.
{flowplayer}barbanza/melloraspontenafonso.flv{/flowplayer}
Mellora nas comunicacións
Pero esta non é a única actuación que o departamento de Política Territorial levará a cabo en Noia a curto prazo. Segundo informou o delegado provincial ó alcalde, no mes de novembre iniciaranse os traballos de mellora da rúa de Galicia, cunha partida de oitenta e cinco mil euros.
Estas actuacións véñense a sumar a outras xa acometidas recentemente no concello noiés como a dotación de alumeado na Ponte de Ceilán. Todas elas, encamiñadas a acondiciona-las infraestruturas viarias para mellora-las comunicacións e garanti-la seguridade dos usuarios.
Redacción Barbanza










