Rafael Eimil reafirma o compromiso de Costas ca comarca da Barbanza

    eimilenboiro_201008.jpgBOIRO > O responsable de Costas do Estado en Galicia mantivo unha xuntanza con executivo local de Boiro para evaluar varias actuacións no municipio.

    No transcurso desta reunión, Eimil confirmou o compromiso do goberno central ca provincial da Coruña e ca comarca da Barbanza e a inclusión de varias actuacións para estas zonas nos presupostos do ano 2009.

    O xefe da demarcación de Costas en Galicia afirmou que malia que estas actuación nos se reflicten directamente nos orzamentos estatais do vindeiro ano, si que existen fondos para seguir rexenerando o bordo litoral da provincia da Coruña a través de partidas xenéricas.

    Medio millón de euros

    Ademáis Eimil constatou que nos últimos anos se investiron máis de medio millón de euros no concello de Boiro en pequenas actuacións como a rexeneración de calas en todo o termo municipal.

    A xuntanza de hoxe cos responsables de grupo de goberno local serviu para dar conta do estado das actuacións pendentes no municipio, como o paseo de Escarabote, cuxo remate esta previsto antes de finais de ano ou o proxecto de recuperación da servidume de tránsito ao longo de máis de tres quilómetros na conca do río Coroño.

    {flowplayer}barbanza/eimilenboiro.flv{/flowplayer}

    Actuacións pendentes

    No tocante a recuperación do bordo litoral en Esteiro, Rafael Eimil anunciou que na actualidade estase a rematar a redación do proxecto e espérase poder licitalo antes de finais do ano 2009.

    En relación a rexeneración da praia de Barraña explicou que tan só queda aprobar unha partida económica para proceder a eliminación dos sumidoiros situados baixo a area.

    Os dirixentes locais aproveitaron a visita do xefe de Costa para presentarlle un proxecto de recuperación medioambiental e de posta en valor do patrimonio castrexo en Neixón.

     

    Redacción Barbanza