Fin de semana de gangas en Noia

exponoia_100_06032009.jpgNOIA>  O Instituto Campo de San Alberto acolle a cuarta edición da Feira ExpoOportunidades en Noia. 

A feira Expo Oportunidade de Noia é unha boa oportunidade para todos aqueles que non baleiraron os seus petos nas rebaixas de inverno.

Aberta entre os días seis e oito de marzo a edición deste ano trasladouse ata unha carpa mixta de setecentos metros cadrados emprazada no ximnasio do instituto Campo de San Alberto. Os fortes temporais de vento que se sucederon durante o mes de xaneiro deixaron impracticable o polideportivo municipal Alonso Rodríguez, lugar escollido en primeira instancia para albergar a expo este ano. Os traballos de arranxo do teito desta instalación deportiva obrigaron aos organizadores da feira a cambiar as datas e trasladar a feira a un novo emprazamento.

{flowplayer}barbanza/exponoia.flv{/flowplayer}

Trinta expositores 

Ademáis dun variado número de comercios de téxtil, na feira de oportunidades de Noia están representados expositores de calzado, bisutería, agasallos, mobles, librería, alimentación e decoración. Entre tódolos establecementos que participan cederán dous expositores ás dúas asociacións de persoas con discapacidade da comarca.

O segredo para atopar gangas nesta clase de feira está en visitar dos primeiros os distintos postos e non ter medo a remexer entre os artigos. A sorte tamén xoga un papel importante para dar co que buscamos.

O sábado e domingo Expo Oportunidades de Noia abrirá en horario contínuo dende as dez da mañá ata as dez da noite.

Redacción Barbanza