Touriño inaugura a Terminal de Contedores e a prolongación de Ferrazo

    tourino100_201008.jpgVILAGARCÍA > O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño inaugurou esta mañá, a nova Terminal de Contedores do Porto …

    {flowplayer}images/salnes/tourino.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O Presidente da Xunta de Galicia, Emilio Pérez Touriño inaugurou esta mañá, a nova Terminal de Contedores do Porto de Vilagarcía, e a explanada e prolongación do peirao de Ferrazo.

    O Porto de Vilagarcía é un dos motores mais importantes do tecido económico da comarca, e por extensión, da comunidade, segundo a alcaldesa de Vilagarcía, presente na inauguración da prolongación do peirao do Ferrazo e da terminal de contedores do Porto. Tanto o Presidente da Autoridade Portuaria, Javier Gago, como o Delegado do Goberno, Manuel Ameijeiras, coinciden en que Galicia posúe un sistema portuario eficaz e saneado.

    Pola súa banda, Emilio Pérez Touriño lembrou que os portos de Marín e Vilagarcía foron os que maior presuposto recibiron o ano pasado, de toda España, deseñando así, segundo presidente da xunta, un novo país Case oitenta e cinco mil metros cadrados de superficie para a prolongación do peirao e corenta e cinco mil, a terminal de contedores, quince quilómetros de novas infraestruturas viarias, e unha partida de douscentos trinta e tres millóns de euros, para os portos de interese xeral de Galicia, son froito da política de diálogo que está transformando o país, segundo Touriño.

    Mª José Caride, Conselleira de Política Territorial, destacou que a ampliación do porto, nace con vocación de completar a oferta pública Destacou amais, que as obras en curso ou pendentes de comezar este ano, como a autovía Pontevedra Vilagarcía, a mellora do tramo da Variante de Marín… farán que aumente a inter- relación e a comunicación dos portos. Amais, os portos constitúen unha fonte de emprego. Só nos portos de titularidade estatal, traballan trinta e cinco mil persoas de forma directa e cento dez mil de maneira indirecta.

    Redacción Salnés