O Portonovo busca saír da zona vermella a costa do Órdenes

futbol250_241008.jpgSALNÉS > Esta xornada xogan na casa o Portonovo, que recibirá en Baltar ó Órdenes, un rival directo para fuxir dos postos de descenso. O Céltiga recibe no Salvador Otero ó Cerceda, tamén con ansias de saír do foxo.

As vistas esta xornada imos a ter que poñelas na parte baixa da táboa. O Céltiga recibe o domingo na Illa a un Cerceda ansioso de vitoria. O equipo coruñés só suma unha vitoria, a que logrou na primeira xornada de liga e ocupa a décimo sétima posición con só sete puntos.

Enfronte terá a un Céltiga que, de momento, é o equipo que máis puntos está a conseguir como local. Nos catro encontros disputados no Salvador Otero sumou 10. O partido disputarase o domingo ás catro e media da tarde.

Media hora máis tarde, ás cinco o Portonovo recibe no campo de Baltar, ó Órdenes. Ambos equipos están en postos de descenso, inda que os de Portonovo se deron un pequeno impulso a pasada xornada tras vencer ó seu eterno rival, o Vilalonga. Tres puntos cos que avantaxa agora ó Órdenes, que inda non coñece a vitoria nesta tempada.

O outro equipo do concello de Sanxenxo, o Vilalonga, xoga este domingo ás catro e media na casa do Pontevedra B. O equipo de Gabi Leis vén de perder o derbi co Portonovo o que lle obrigará a dar o máximo en Pasarón. Ademais, o Pontevedra vai de último, polo que non debía deixar escapar essta oportunidade para puntuar.

O Arosa xoga o domingo ás seis en Vigo, ante o Coruxo. A priori o encontro semella que será equilibrado pola traxectoria que levan esta tempada ambos equipos. Pero o campo do Coruxo é moi complicado. As tres últimas viaxes dos de Vilagarcía a Coruxo a vitoria foi para os locais.

Redacción Salnés