A Xunta anuncia a creación do cluster do turismo galego

     O GROVE> Cento trinta e cinco empresas da provincia de Pontevedra contan cos máximos parámetros de calidade turística segundo o SICTED;

    {flowplayer}images/salnes/diplomas_sicted_080313.flv{/flowplayer}

     …un proxecto de Turespaña e a Federación Española de Municipios e Provincias destinados a promover e garantir a calidade dos destinos turísticos no noso país.

    Nesta última fase do 2012, doce novas empresas acadaron o baremo de calidade requirido; sumándose así ás 123 recoñecidas en anos anteriores. Amais neste sétimo exercicio sumáronse a este proxecto unhas 45 novas empresas desta provincia. O Salnés acumula 31 recoñementos SINDTED, Barro 1; Poio 6; e Pontevedra Concello 15.

    Deste xeito consolídase o esforzo do turismo pontevedrés a prol da calidade garantido por escrito por estes diplomas do Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino.

    Neste acto de entrega dos diplomas a Secretaria Xeral de Turismo, Nava Castro, anunciou a inminente creación do cluster do turismo de Galicia co fin de consolidar a aposta de Galicia como un destino único.

    Redacción Salnés