Manuel Vázquez inaugura as obras da EDAR de Catoira

    edar_catoira100_291008.jpgCATOIRA > O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, asistiu esta mañá ao inicio das obras da EDAR de Catoira. Alí, dou conta das actuacións …

    … realizadas para o saneamento da Ría de Arousa, e do Plan de Saneamento de Galicia ata o 2009.

    A nova Estación Depuradora de Augas Residuais, EDAR, de Catoira, deseñada para cinco mil habitantes, conta cun orzamento de case un coma catro millóns de euros e incorpora un novo tramo de colectores e o sistema terciario de desinfección con raios ultravioleta, a fin de mellorar a calidade das augas nas zonas de marisqueo. A auga desinfectada re- utilizarase para procesos, dentro da depuradora, e para rego de zonas verdes.

    A de Catoira é unha das cinco depuradoras para a Ría de Arousa, xunto ca de Ribadumia, O Grove, Corrubedo e Ribeira… esta última, pendente da cesión dos terreos de titularidade municipal. En Medio Ambiente, segundo conselleiro, sempre tiveron boa acollida os asuntos propostos polo concello de Catoira, pero aínda así, hai cousas pendentes Para a construción da EDAR de Catoira ábrese un prazo contractual dun ano, cando remate comezará outro prazo chamado de explotación, como unha garantía, antes de que a planta se poña a disposición do Concello, momento no que terá que encargarse do seu mantemento.

    Redacción Salnés