![]()
PONTEVEDRA > O PP presentará no Congreso cen emendas ós presupostos xerais do Estado, coas que pretenden incrementar en 370 millóns de euros …
{flowplayer}images/salnes/emendas.flv{/flowplayer}
PONTEVEDRA > O PP presentará no Congreso cen emendas ós presupostos xerais do Estado, coas que pretenden incrementar en 370 millóns de euros os investimentos destinados a Galicia.
Os populares consideran raquíticas e desfasadas as contas presentadas polo Goberno central e din que amosan unha total falta de compromiso coa provincia de Pontevedra. Nas súas emendas, os deputados do PP en Pontevedra propoñen obras de compatibilidade do AVE coa rede convencional entre Padrón e Portas, ou o soterramento da vía do tren que atravesa Pontevedra, entre os ríos Gafos e Lérez. Para a capital tamén piden a circunvalación ou a remodelación do nó do Pino. Inclúen tamén a variante oeste de Caldas, a mellora da N-550 en Pontecesures.
Polo que se refire á AP-9, nas emendas inclúen unha partida para o terceiro carril e para a ampliación da ponte de Rande, pero non para a súa propia demanda de supresión da peaxe entre Curro e Pontevedra, coa que o PP pretende evitar a reforma prevista pola Xunta na PO-531. O PP explica que o levará ó Congreso pero nunha proposición non de lei.
Os populares tamén falaron das eleccións autonómicas. Sobre un posible adianto dos comicios a febreiro ou marzo, o PP afirma que están preparados abondo.
Redacción Salnés










