CAMBADOS> O Partido Popular de Cambados critica a primeira proposta do goberno local dos orzamentos municipais do 2021. Dende a formación lamentan que o bipartito non incluíse ningunha das súas suxestións. Os populares móstranse a favor das axudas á hostalería e o comercio pero piden máis investimentos en servizos sociais e obras nas parroquias.
O goberno de Cambados comezou as negociacións coa oposición para poder aprobar os orzamentos do 2021. Dende o concello reuníronse no día de hoxe co Partido Popular para trasladarlle a primeira versión dos presupostos. Unha proposta que non convenceu á formación popular. Segundo sinalaron, carece de concreción e non inclúe ningunha das súas suxestións. A primeira reclamación do equipo de Luís Aragunde é un maior investimento en obras nas parroquias.
Os populares tamén demandan máis investimentos en servizos sociais.
Dende o partido popular sinalan que si están a favor das axudas ao comercio a hostalería, e que apoiarán calquera medida que camiñe nesa dirección.
Outra das críticas da formación de Aragunde é a proposta do bipartito dunha partida para aumentar as liberacións de tres concelleiros máis. Unha proposta que os populares xa anunciaron que non van a apoiar. As reunións entre os partidos continuarán nas vindeiras semanas.