A mancomunidade do Salnés porá en marcha as oficinas comarcas de emprendemento no rural

MEIS> A mancomunidade do Salnés porá en marcha as oficinas comarcas de emprendemento no rural. Estas oficinas estarán abertas un día á semana en Meis e na Illa para axudar e asesorar á xente do rural con diferentes trámites e xestión. A iniciativa está financiada polos fondos Next Generation co obxectivo de conseguir a cohesión social e a igualdade en todos os territorio.

A mancomunidade do Salnés porá en marcha unha nova iniciativa para axudar á xente do rural. A partir do 15 de marzo, os concellos con menos de 5 mil habitantes, a Illa e Meis,  contarán cunha oficina comarcal de emprendemento no rural. Un punto onde asesora e axudar á veciñanza cos trámites online e coas novas tecnoloxías.

Esta oficina estará aberta un día á semana en cada concello. Os días que está pechada o asesoramento continuará a través da mancomunidade do Salnés. A oficina será de gran axuda especialmente para a xente máis maior.

Os asesoramento non é so con trámites online, tamén servirá para axudar a coñecer ás novas tecnoloxías.

A oficina está financiada cos fondos Next Generetion dentro do obxectivo de conseguir a cohesión social e a igualdade en todos os territorios.

Esta oficina terá unha duración de case 2 anos, a súa finalización terá lugar en decembro do 2024.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí