VILANOVA> Novo golpe para o sector marisqueiro na ría de Arousa. As zonas de libre marisqueo van permanecer pechadas esta campaña. Os Lombos, O Bohído e Cabío terían que abrirse á actividade este xoves, pero a alta mortaldade rexistrada pola baixa da salinidade e os temporais condicionaron a recuperación dos recursos. Si van abrir as denominadas ‘outras zonas’
O sector marisqueiro da ría de Arousa enfróntese a un novo revés nunha crise que semella non ter fin. Nesta ocasión trátase dos bancos de libre marisqueo, que van permanecer pechados esta campaña. A actividade tería que retomase este xoves, pero a mala recuperación dos recursos nesas zonas fan inviable a súa explotación. Mar convocou unha reunión este luns co sector.
Tamén se contemplaba a opción de que no primeiro trimestre de 2027 se acollesen ás axudas do fondo Fempa, pero aquí o sector atopa un novo problema.
Pola contra, si que se van abrir as denominadas ‘outras zonas’. A consellería proponlle ao sector trasladar recursos de alí ás súas concesións.
Os problemas no libre marisqueo xa se veñen rexistrando dende hai anos. De feito, un peche como o desta campaña xa se produciu o ano pasado. Falan dunha morte anunciada.
E apuntan que a situación económica do pósito segue a ser malo, cun cadro de persoal minguado e unha redución salarial do 10% a todos os traballadores.











