As claves do momento doce polo que atravesa o Arousa

futbol250_061108.jpgVILAGARCÍA > O Arousa é para moitos nestes intres o conxunto que mellor fútbol fai da Terceira División. Dirixido por Juan Laxes é oitavo na clasificación xeral despois de facer unha remontada espectacular nas últimas semanas.

{flowplayer}images/salnes/LaxesArousa_061108.flv{/flowplayer} 

Non hai prácticamente dúbida de cal é o equipo que mellor futbol está a facer nas últimas semanas na Terceira. O Arousa de Juan Laxes leva seis  xornadas sen perder, con 13 dos últimos 18 puntos sumados e deixando unha imaxe de equipo compacto e sólido. O último en comproba-lo o ata o domingo líder Montañeros, que levouse catro da Lomba. Algo que hai escaso mes e medio, co equipo en postos de descenso, nin o máis optimista creía posible. 

Ó conxunto vilagarcián custoulle arrancar, pese a que a actitude dos xogadores foi sempre boa; algo do que presume Juan Laxes, de ter un vestiario que é unha auténtica piña. 

A remontada do equipo producíuse en Baltar, co 1-3 ante o Portonovo, nun derbi, igual que o ano pasado cando romperan unha xeira negativa a principio de temporada de sete partidos sen gañar ante o Céltiga.

Con todo, o equipo é oitavo, preto do ascenso pero, eso sí, con moito ou todo aínda por xogar. O adestrador quere ter os pés no chan e amarrar a salvación canto antes. 

A vindeira estación será o campo do Morrazo, onde o domingo se enfrontan ó Alondras, equipo ó que tamén lle gusta ter a posesión do balón. Visita complicada antes de recibir a Verín e Negreira na casa; dous encotrnos consecutivos na Lomba que poderían catapultar ó conxunto de Laxes na xeral se é quen de manter o nivel deste último mes. Ogallá que así sexa.

Redacción Salnés