O PP denuncia a dobre moral da Xunta no conflicto do tren de cercanías

    tren_portas100_061108.jpgSALNÉS > As protestas da plataforma Salvemos o Tren, de Portas, chegou onte ó Parlamento

    … Na comisión de Obras Públicas debateuse unha proposta do PP para instar á Xunta a paralizar o desmantelamento das vías que están a quedar en desuso co novo trazado do AVE.

    O PP considera que os grupos que apoian ó bipartito da Xunta apoian o peche das estacións de tren convencionais que van quedando en desuso coa posta en servizo dos novos tramos do AVE. Esta é a conclusión que sacan os populares trala Comisión de Obras Públicas celebrada onte no Parlamento de Galicia. O PP defendeu unha proposición non de lei para instar á Xunta e ó Goberno central a paralizar o desmantelamento das vías en Portas e outros trazados similares.

    O deputado Alejandro Gómez pediu a construción dun enlace ferroviario que conecte Portas co novo trazado do AVE á altura de Rubiáns para facilitar a circulación de trens rexionais de media distancia. O PP indicou que, trala entrada en servizo da Variante de Portas, entre Portela e Vilagarcía, suprimiuse o tren que prestaba servizo a Portas. Situación, que provocou numerosas protestas veciñais, canalizadas a través da plataforma Salva o Tren, que leva xuntadas máis de 15 mil firmas de apoio.

    Fronte a isto, o PP denuncia unha dobre moral na Xunta. Di que por un lado considera viable o tren de cercanías pero pola outra promove unha campaña de propaganda na que anuncia a creación dun ente xestor de ferrocarrís. Con isto, os populares cren que consinte o desmantelamento das vías convencionais.

    Redacción Salnés