Melloras na capela da Lanzada ás portas do verán

SANXENXO> Sanxenxo continúa poñendo a punto a contorna da Lanzada. O concello instalou na contorna da capela un novo valado. Un novo equipamento que busca preservar os espazos naturais da zona, que forman parte da Rede Natura 2000. Na actuación investíronse uns 30.000 euros.

Ás portas do verán Sanxenxo segue poñendo a punto as súas praias. Logo da creación dunha nova pasarela en Areas, desta volta as melloras céntranse na contorna da Lanzada. Aquí instalouse un novo valado para delimitar os accesos dos espazos naturais da contorna.

Os fondos proveñen da Unión Europea, xestionados a través do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación. Esta mañá o alcalde de Sanxenxo poñía en valor este tipo de achegar, fundamentais para seguir avanzando na mellora de espazos únicos como este da Lanzada.

Nese sentido, o alcalde lembrou que é a Deputación a que se vai encargar dos traballos arqueolóxicos no xacemento da Lanzada. Un proxecto, dixo, que comezará en breve.