Moraña inagura o seu novo centro social multiusos

MORAÑA> O concello de Moraña inaugura o seu novo centro social multiusos. A nova instalación é o resultado da restauración do antigo mercado municipal e tivo un custo de 1,3 millóns de euros. Á presentación asistiu o presidente da xunta, deputados provinciais, o goberno municipal e máis dun centenar de veciños.

O concello de Moraña conta xa co seu novo centro social multiusos. A nova instalación e o resultado da rehabilitación do antigo mercado municipal da vila, unha gran demanda da veciñanza. A restauración tivo un custo de 1,3 millóns de euros financiado pola Xunta, a deputación e o concello. A inauguración asistiron membros das diferentes administracións e máis dun centenar de veciños.

A deputación de Pontevedra investiu na rehabilitación máis de 850 mil euros. Dende o ente provincial destacaron a estratexia de apoio aos concellos que leva a cabo esta administración.

O multiusos acollerá agora toda a actividade cultural de Moraña.

A xornada comezou coa evocación das viaxes de antano ás potentes feiras de Moraña cun pequeno traxecto realizado dende o consistorio. Visitouse a exposición do cincuenta aniversario do Moraña Clube de Fútbol, exposta na propia instalación, e inaugurouse o Belén Xigante elaborado pola Asociación de Mulleres Rurais O Menhir. O momento máis emotivo foi coa proxección dun documental audiovisual sobre a historia do antigo mercado.