Os equipos do Salnés xóganse os puntos ante rivais directos

futbol250_071108.jpgSALNÉS > Compromisos complicados para Céltiga e Arousa que queren sumar algo positivo para non perder o tren de cabeza. Encontro tamén importante para o Portonovo que se enfronta a un rival directo a día de hoxe como o Cerceda.

Curiosa xornada a que nos agarda na Terceira. Os resultados e o calendario quixeron que esta semana houbese enfrontamentos entre equipos que van pegados na táboa. Teremos un primeiro contra segundo: Santa Comba – Compostela e un terceiro contra cuarto, Montañeros-Negreira. Do quinto ó oitavo tamén se enfrontan entre eles e ahí hai dous conxuntos do Salnés metidos.

O primeiro, o Céltiga, que podería volver ós postos de privilexio se é quen de gañar ó Ourense no Salvador Otero. Despois da derrota do pasado domingo en San Lázaro o que se quere na Illa é voltar canto antes pola senda do triunfo ante un cadro ourensanista que leva tres semanas sen vencer.

Seis pàrtidos sen perder leva o Arousa que viaxa a Cangas para xogar ante o Alondras. Nos locais é baixa Germán; no outro bando, Laxes non poderá contar con Roberto, por problemas nun xeonllo, mentres que Luis Alberto e Nelo son dúbida. Un partido entre dous equipos ós que lles gusta  te-la posesión de pelota e o futbol de ataque.

O Portonovo recibe a un Cerceda en horas baixas e co que nunca perdeu na súa historia en Baltar. Os dous conxuntos tamén van pegados na táboa, son penúltimo e antepenúltimo, respectivamente. Os de Milucho precisan canto antes acadar unha victoria na casa onde aínda non gañaron. Non lle porá as cousas sinxelas o equipo de Suso Moure que conta con xogadores de moitísima calidade de medio campo cara arriba como Dani Deza, Oscar Toja ou Xaco.

O Vilalonga pola súa parte xogará no Baltasar Pujales ante o Rápido de Bouzas, co que está igualado a puntos, coa intención de superar o mal momento que travesa. Machu continúa lesionado, mentres que Luismi non poderá estar por sanción. O capitán Quito pedíu esta semana un cambio de actitude ós seus compañeiros; veremos se este se produce.

Destacar ademais os encontros de Preferente Autonómica: Ribadumia – Caselas, Unión do Grove – Cultural Areas e Sanxenxo – Cruceiro do Hío.

Redacción Salnés