O Concello toma medidas para prever novos atropelos

    reunionpp_trafico100.jpgVILAGARCÍA > O Concello repintará os pasos de peóns, colocará pasos elevados e instalará bandas redutoras de velocidade …

    {flowplayer}images/salnes/reunionpp_trafico.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O Concello repintará os pasos de peóns da vila, colocará pasos elevados na avenida da Mariña e instalará bandas redutoras de velocidade na entrada a Vilagarcía, dende Rubiáns.

    Con estas medidas a alcaldesa da vila, e responsable de tráfico no concello, Dolores García, trata de garantir a seguridade dos veciños e evitar o aluvión de atropelos, dos últimos meses. A alcaldesa asegurou que tratará de buscar fórmulas de financiamento para instalar semáforos en Rubiáns, co obxectivo de regulalo tráfico de peóns e automóbiles. O incremento da policía local é outra das medidas que tomará o concello nos vindeiros meses nos que prevé aumentar o corpo de axentes locais, para o que conta co apoio do partido popular.

    Os populares de Vilagarcía reuníronse coa alcaldesa para ofrecerlle respaldo político a Dolores García para aumentar a partida do presuposto destinada á policía local, para o vindeiro ano. A alcaldesa de Vilagarcía recomendou aos condutores e aos peóns da vila que incrementen a precaución para evitar accidentes e tamén para evitar multas. Un radar percorrerá as rúas de Vilagarcía nas vindeiras semanas para interceptar aos vehículos que circulen a máis velocidade da permitida.

    Redacción Salnés