SANXENXO> Catalina González será candidata a alcaldía de Sanxenxo, nas eleccións de maio. Un secreto a voces, que hoxe mesmo confirmaba a ex alcaldesa e tamén ex membro do PP da vila. González está inmersa na conformación total de “Xuntos por Sanxenxo”, un partido sen ideoloxía, tal e como ela sinalou, formado por xente con un interese común; mellorar Sanxenxo.
“Xuntos por Sanxenxo” materializará a volta de Catalina González a primeira fila da política local en Sanxenxo. Muller traballadora ante todo, redeira e hostaleira, este é o perfil dunha portonovesa que como ela mesmo manifestou, non entende a vida sen a política.
Neste novo capítulo político da ex alcaldesa popular, non existen ideoloxías, tan só persoas con un mesmo proxecto, segundo sinalou na súa presentación.
Consciente de que o tempo non é moito admiten que é tempo de traballar, de organizarse e de trasladar un proxecto común a todo o municipio, xa que segundo ela mesma afirma, Sanxenxo é Silgar e Portonovo, pero tamén Vilalonga, Arra, Adina…
Catalina González amosouse durante toda a presentación aos medios convencida da súa volta a política, a pesar de que recoñeceu que cando se retirou non pensaba volver. A pesar diso sinalou que foi despois de escoitar e falar con moitos veciños o que a animou a tomar esta decisión. En canto ao PP non tivo pelos na lingua en sinalar que é un partido que non a representa.
Inicio Eleccións 2019