VILAGARCIA> Vilagarcía homenaxeará a Pepe Álvarez. O concello quere recoñecer ao artista vilagarcián por toda unha vida dedicada á cultura. O acto terá lugar o sábado a partir das 20:30 no auditorio de Vilagarcía a través dunha obra de teatro que xirará en torno a súa vida.
Con esta emoción, Pepe Álvarez descubría que o acto de presentación ao que asistía no concello de Vilagarcía non era para presentar ningún novo evento ou espectáculo, se non para homenaxealo a el. O concello xunto con diferentes asociacións e agrupacións coas que participa ou colaborou nalgún momento quixeron render unha homenaxe pola súa traxectoria dedica a potenciar a cultura en Vilagarcía.
Na homenaxe participarán máis de 150 persoas a través dunha obra de teatro.
O acto terá lugar ás 20:30 no auditorio de Vilagarcía, a obra xirará en torno a súa vida.
O protagosnita sinalou que se sentía moi emocionado e agradecido pola homanexe.
A entrada é gratuíta ata completar a capacidade de ocupación. Dende a organización piden á veciñanza que acuda con tempo, xa que as 20:30 comezará o acto e se pecharán as portas.