Veciños de Meis protestan pola desmesurada suba do IBI

    meis100_131108_copy.jpgMEIS > Este ano o catastro pídelles que paguen ata oito veces máis do que pagaban ata o de agora.

    {flowplayer}images/salnes/meis.flv{/flowplayer} 

    Durante o mes de outubro, os veciños de Meis propietarios de fincas e invernadoiros, estiveron a recibir notificacións ós seus domicilios da nova revisión catastral. Nelas dábaselles a coñecer os cartos a pagar polo IBI, Imposto de Bens Inmobles. Para sorpresa de todos, as súas propiedades pasaban a estar consideradas como edificacións ou obras civís.

    Por iso, segundo os técnicos, o valor de tales edificacións pasaban a ser de 270 euros por metro cadrado, deixando moi atrás os 20 euros por metro cadrado que pagaban ata o de agora polos seus invernadoiros de uso agrario. O seu imposto disparouse, mándanlles pagar ata oito veces máis do normal.

    Por iso os veciños agólpanse estes días na Casa da Cultura de Mosteiro, pedindo explicacións ó que queren pensar que é un erro administrativo. Con todo, levan varios días reclamando o seu e ninguén semella ter a culpa. Representantes dos veciños e das comunidades de montes xa se reuniron co alcalde para tentar atopar unha solución.

    Hoxe manterán outra reunión hoxe no concello ás nove da noite. Os veciños confían en atopar unha solución cedo ó que eles consideran un abuso dos que mandan.

    Os afectados din ademais non entender como é que lle suben os impostos se son precisamente os políticos os que están realizar campañas nas que procuran a potenciación do rural, evitando que os xóvenes deixen de traballar no campo. Din que así, van pola mal camiño.

    PSOE e BNG de Meis saltaron xa á palestra para criticar a xestión do goberno popular nesta problemática.

    O grupo socialista calificou de lamentable que o rexedor non informara con anterioridade ós veciños da revisión do catastro e do incremento de impostos.

    Anunciaron ademais que no vindeiro pleno presentarán unha moción na que pedirán que se aplique un coeficiente reductor de inedificabilidade temporal a aquelas parcelas situadas nas areas de expasión dos núcleos rurais que non teñen acceso público nin outros servizos polo que fan imposible a súa edificación.

    Exixen que se tomen medidas urxentes no asunto; plantexan que o tipo de gravamen do Concello no catastro non poida exceder do 0,4% ou ben solicitar a valoración individualizada das instlacións agrícolas. Ademais, cren necesario qure o concello negocie co catastro a ampliación do prazo de reclamacións para os veciños.

    O BNG pola súa banda acusa ós populares de mentir e de dicir que o IBI non é un imposto municipal. Cren ademais que este non é un momento adecuado para unha suba de impostos, e menos deste calibre, debido á forte crise económica que o país está a atrevesar.

    Os nacionalistas enganden que a suba de impostos municipais nos últimos anos non se refloicte nunha mellora dos servizos para os cidadáns, e poñen como exemplo a recollida do lixo, taxa que se incrementou nun 23% nos últimos dous anos.

    Redacción Salnés