![]()
SANTIAGO> Sesenta cociñeiros de toda España achegaranse á ría de Arousa para coñecer como se captura e as posibilidades culinarias deste crutáceo.
{flowplayer}images/salnes/CENTOLAS_RESTAURANTES231111.flv{/flowplayer}
‘A centola galega nas mellores cociñas’ é o título da xornada que o vindeiro martes traerá ó Salnés a sesenta prestixiosos restauradores de toda España. O programa de actividades comezará no Grove. Alí os participantes embarcarán para navegar pola ría de Arousa e coñecer como se captura este marisco, para logo pola tarde asistir na lonxa de Cambados á poxa. Unha cita esta última á que está previsto que asista tamén a conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Segundo a titular da Xunta, a finalidade deste evento é que estes restauradores introduzan a centola galega nas súas cartas, de xeito que este marisco estea presente en restaurantes de referencia a nivel nacional e internacional.
A presentación da xornada contou coa presenza dos alcaldes de Cambados, Sanxenxo e O Grove, municipio este último que tamén inaugurará o venres as súas xornadas de exaltación da centola.
Redacción Salnés








