O concello do Grove renova o aspecto da súa praza de abastos

GROVE> A Praza de Abastos do Grove muda a súa imaxe. O concello acometeu unha intervención para mellorar o seu aspecto, pintando as paredes e o teito do mercado. Praceiras e clientes móstranse encantados co resultado.

A praza de abastos do Grove presenta un aspecto máis renovado e moderno. O concello levou a cabo unha intervención para mellorar o mantemento e pintar todas as paredes e o teito do interior das instalación.

A zona da verdura está pintada con cores verdes, a do pescado con azuis e no centro pintouse unha rosa dos ventos. A intervención, ademais das praceiras, tamén gustou aos clientes.

A intervención tivo un custo de máis de 7 mil euros. As melloras chegan nun mes no que as vendas na praza son escasas.

Tanto o concello como as praceiras agardan que a veciñanza se achegue a ver as novidades da praza e aproveite para mercar produtos locais e de primeira calidade.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí