CAMBADOS> O concello de Cambados no seu compromiso solidario cos cambadeses ven de convocar un taller de autoestima para mulleres, que dará comezo o vindeiro día 5 de febreiro en Exposalnés. Se queren máis detalles sobre esta convocatoria, non se perdan a seguinte reportaxe.
“Ámandome e coidándome” ese é o título baixo o que se atopa a nova iniciativa na que se está a traballar dende o concello de Cambados. Unha acción na que a finalidade última ten que ver coa autoestima das mulleres, tal e como explicou a alcaldesa, Fátima Abal.
Este taller foi creado dende a área de Igualdade do consistorio, e baseárase en diferentes sesións que se celebrarán durante os martes e venres do mes de febreiro en horario de 10 a 12, na aula de usos múltiples de Exposalnés.
Apúrense as interesadas, pois solo poderán participar un total de 20 mulleres. A inscrición é gratuíta e poderán facela no mostrador da Oficina de Turismo da localidade, aínda queda marxe, xa que o día é 5 e non se pechará a lista ata o venres 3.