Caen once novos detidos en relación coa planadora queimada na Lanzada

    ponymusa100_171108.jpgSALNÉS > Tres meses despois de que unha planadora queimada aparecese na praia da Lanzada, Vixilancia Aduaneira e a Policía Nacional dan por pechada a operación Pony-Musa.

    Na última semana detivéronse en Arousa e O Rosal a sete colaboradores da organización que pretendía introducir na ría de Arousa 3.500 quilos de cocaína que acabaron flotando no mar. A UDYCO colleu a 4 persoas máis relacionadas coas naves de Cambados e de Meis, nesta última foi detectada unha planadora do mesmo tamaño e características que a queimada na Lanzada e que será retirada nos vindeiros días.

    As investigacións iniciáronse hai un ano. Por unha banda, a Policía Nacional seguía a pista do grupo liderado polo histórico Mulo, Rafael Bugallo, e por outro a Axencia Tributaria investigaba o grupo do Chisco, Fernando Prado. Ambas operacións cruzáronse e na noite do 14 ó 15 de agosto conseguiuse frustrar a entrada da planadora con droga en España, recuperando 127 fardos con 3.500 quilos de cocaína. Daquela detivéronse a 8 persoas, entre elas o Mulo e Chisco. Nos rexistro detectouse outra planadora xemelga cunha decena de motores de alta potencia.

    Redacción Salnés