Durán critica ó Porto de Vilagarcía por proxectar un centro comercial no Ramal

    duran100_171108.jpgVILANOVA > Nova batalla entre Gonzalo Durán e Javier Gago. O alcalde de Vilanova acusa ó actual presidente do Porto de tomarlle o pelo …

    {flowplayer}images/salnes/DURAN_GAGO.flv{/flowplayer}

    VILANOVA > Nova batalla entre Gonzalo Durán e Javier Gago. O alcalde de Vilanova acusa ó actual presidente do Porto de tomarlle o pelo ó pequeno comercio vilagarciá por promover un gran centro comercial no Ramal, despois de alegar contra o de Vilanova.

    A intención da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de reordenar o peirao do Ramal para convertelo nun espazo destinado a usos lúdicos, turísticos, culturais e sociais, abriu a caixa dos tronos en Vilanova. O alcalde Gonzalo Durán arremeteu duramente contra o presidente do Porto Javier Gago, a quen acusa de tomarlle o pelo ós comerciantes arousáns. E é que di Durán que nese peirao se vai construír un gran centro comercial de iniciativa privada.

    Gonzalo Durán amosouse indignado ante este proxecto do Porto de Vilagarcía. Máxime cando Javier Gago, sendo alcalde de Vilagarcía, conseguiu en 2005 un acordo plenario para que non se construísen grandes superficies na cidade. E consecuencia disto foi a alegación que presentou o Concello de Vilagarcía contra o centro comercial que Vilanova pretendía construír en San Miguel de Deiro, co argumento de que prexudicaría ó pequeno comercio. Gonzalo Durán cre que agora Gago se saca a careta.

    Ante este proxecto do Porto, Durán pregúntase onde está agora o pequeno comercio de Vilagarcía que entón aplaudiu a iniciativa municipal contra as grandes áreas.

    Redacción Salnés