O Club Olimpic acada o título nacional en técnica e exhibición

taekwondo250_181108.jpgVILAGARCÍA > Semella que non se lle resiste nada este ano ós rapaces do Club Olimpic de Vilagarcía que veñen de acadar o cetro nacional de técnica e exhibición en categoría infantil. Un título máis que fala ás claras do gran traballo que se está a realizar coa canteira.

{flowplayer}images/salnes/taekwondo_181108.flv{/flowplayer} 

Cunha morea de medallas voltaron os rapaces do Olimpic de Vilagarcía da súa aventura por Alicante, onde se celebrou o Campionato de España de Exhibición e Técnica de taekwondo para categoría infantil.

Para chegar ó campionato nacional tiveron que eliminar a 24 equipos en Galicia e despois, no nacional, a oito comunidades autónomas, algo que fala ás claras da dificultade e do mérito do acadado.

Os nove rapaces e rapazas que formaron o equipo quixeron onte repetir a exihibición que lles deu o título diante de familiares, amigos e compañeiros, e tamén das cámaras de Canal RíasBaixas. Non farán o mesmo mañá mércores no concello, onde a alcaldesa os recibirá para recoñecer os seus éxitos.

Ademais deste título, Sandra Bouzas Somoza conquistou o campionato de pumse e Alicia Córdoba Pérez tróuxose o bronce na categoría de gallo femenino.

A próxima cita para esteas figuras do taekwondo será dentro de escasas semanas, a principios do mes de decembro en Moaña, onde se disputará o Campionato Galego absoluto. Ninguén dubida de que estarán entre os primeiros.

Redacción Salnés