![]()
MEIS > O alcalde Xosé Luis Pérez, xunto cunha comisión de veciños reuniranse mañá en Pontevedra co xerente da Dirección Xeral do Catastro.
{flowplayer}images/salnes/ibi.flv{/flowplayer}
MEIS > O alcalde Xosé Luis Pérez, xunto cunha comisión de veciños reuniranse mañá en Pontevedra co xerente da Dirección Xeral do Catastro. Nesta xuntanza pedirán explicacións sobre o incremento do Imposto de Bens Inmobles para os invernadoiros da localidade e solicitarán a rebaixa da cota.
Os veciños de Meis seguen en pé de guerra ante o que consideran unha valoración inxusta dos seus bens inmobles. A suba do imposto que grava os invernadoiros dos 20 euros por metro cadrado ós preto de 270 ten a súa explicación na nova Lei catastral do 2004.
Ata o de agora os veciños de Meis pagaban cada ano o IBI que se fixara na Lei do ano 1998, e como dende entón non se realizara ningunha revisión catastral, a contía deste imposto non se modificou.
Agora, na recente revisión, o que se fixo foi aplicar a nova Lei, que pasa a valorar os invernadoiros como edificacións ou obras civís. Dende o concello apoian as demandas dos veciños e xa se puxeron en contacto coa Dirección Xeral do Catastro.
Á marxe desta notificación, o alcalde de Meis, xunto cunha representación dos veciños afectados reuniranse mañá en Pontevedra co xerente da Dirección Xeral do Catastro. Pediranlle que lles explique de primeira man o motivo da subida do IBI e de canto será esa rebaixa que están estudando.
Segundo o alcalde, os servizos xurídicos do concello xa están a traballar para saber cales serían esas posibles medidas a adoptar.
Redacción Salnés










