O prezo da sardiña mantense moi baixo a pesar da boa calidade das capturas

PORTO DO SON> A pesar de que a sardiña encara xa a súa mellor tempada, os prezos continúan á baixa. Dende ACERGA reclaman un incremento da cota ante o insuficiente que está a resultar a actual, de mil quilos por embarcación.

A calidade da sardiña que están a capturar os cerqueiros galegos é excelente. Non así os seus prezos, por debaixo do euro o quilo.

Ante esta difícil situación dende ACERGA volven reclamar un incremento das cotas para garantir a supervivencia da flota pequena, lastrada tamén pola escaseza do xurelo.

Confían en que os prezos se incrementen de cara ó San Xoán aínda que de momento continúan á baixa.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí