BOIRO> Xa está aberto o prazo de inscrición para a terceira edición da andaina solidaria de Boiro. Terá lugar o próximo domingo 20 de outubro. Organizada por Cimadevila Salud, a cita agarda superar os dous mil participantes.
Esta mañá tiña lugar no Concello a presentación da terceira edición da Andaina Solidaria de Boiro. A cita, organizada polo equipo de Cimadevila Salud, celebrarase o domingo 20 de outubro. O fin, recadar fondos para a loita contra o cancro.
O percorrido da edición deste ano será moi semellante ó do anterior. arrancará ás dez e media da mañá na praza do Concello para regresar ó punto de partida sobre a unha e media, onde tódolos participantes se xuntarán para formar o tradicional gran lazo rosa.
Dende o Concello, que volve a colaborar con esta causa, destacaron a importancia da iniciativa, facendo un chamamento á veciñanza, non só de Boiro, senón de toda a comarca a colaborar con ela.
As inscricións na proba xa están abertas. O prezo será de 10 euros para os adultos e de 5 euros para os nenos e incluirá a camiseta e unha mochila conmemorativa.