Os grupos da Deputación estudan o plan anticrise

    deputacion100_191109.jpgPONTEVEDRA > Parece que non hai consenso dos partidos da Deputación de Pontevedra sobre o plan anticrise. A Deputación de Pontevedra reserva 230 millóns de euros … 

    … para reactivar a economía na provincia a curto prazo. O problema é que PP, BNG e PSOE non se dan posto de acordo en como repartir ese diñeiro nos vindeiros tres anos. De momento inda non ofreceron unha fórmula consensuada e xa levan varias reunións. Desde o PSOE, fálase de que estes encontros nin son frutíferos nin non o son. E os nacionalistas consideran que o PP se bate en retirada cando parece que hai acordo básico, e aclara que polo BNG si hai vontade clara.

    Pola parte do goberno, din que a súa proposta é firme. Os fondos do plan irían a oarar nun 35 por cento ós concellos da provincia con menos de dez mil habitantes. O 25 por cento sería para os de entre dez e vinte mil. Os que superen esta cifra disporían dun dez por cento do plan, igual que as cidades de Vigo e Pontevedra. A proposta dos populares reservaría outro 20 por cento dos fondos para libre disposición da Deputación.

    Os populares parecen dispostos a facer valer a súa maioría no goberno provincial para sacar adiante o plan, con ou sen apoio de PSOE e BNG. O vindeiro mércores haberá outra oportunidade para achegar posturas.

    Redacción Salnés