Pladimega asegura que tódolos asociados venden o mesmo prezo

    foto_pladimega_100.jpgVILAGARCÍA > A plataforma de distribución do mexillón de Galicia, Pladimega, ven de aclarar a polémica xerada nos últimos días…

    … sobre a modificación do prezo do mexillón. Neste senso, asegura que tódalas asociacións que integran esta plataforma están a vender o kilo de producto ó mesmo prezo que marca PLADIMEGA. Un prezo mínimo que se marca segundo o libre mercado e do que ningunha das empresas pertencentes a esta plataforma rebaixa en ningún caso.

    É, pois, a propia plataforma que engloba a 2.300 bateas do total, a que decide variar o prezo de venda puntualmente segundo as visicitudes do mercado.

    Esta postura, é segundo Pladimega, o reflexo da unidade e do convencemento das asociacións que integra. Mentres tanto, desde Pladimega contrapoñen a postura do sector minoritario, que está segundo eles a vender por debaixo do prezo da táboa acordada no 1998.

    Noutra orde de cousas, a plataforma maioritaria tamén desminte que lle teña dado ultimatum algún á Empresa Socomgal por vender mexillón fóra do prezo establecido e sen respectar as cotas. Non hai por tanto ningún desentendemento entre Pladimega e Socomgal ata o de agora.

    Redacción Salnés