O Concello rexeita a alegación de Núñez Reboredo

    salome100_191108.jpgRIBADUMIA > Continúa o conflito entre o Concello e o empresario Carlos Núñez Reboredo pola venda dunha parcela no polígono de Cabanelas en marzo do 2000.

    O goberno local iniciou este ano os trámites para esixirlle ó empresario que cumpra o acordo ó que chegaron no seu día. Núñez Reboredo presentou hai uns meses un recurso contra esta decisión municipal pero a alegación foi rexeitada pola alcaldesa Salomé Peña, segundo se recolle no Boletín Oficial da Provincia de onte.

    O Concello reclámalle 338 mil euros pola compra dunha parcela de 21.000 metros, do contrario podería recuperar o terro, que na actualidade tería un prezo moito máis elevado. O empresario sempre defendeu que xa pagara 150 mil euros e chegou a presentar un documento asinado polo anterior alcalde José Ramón Barral. O actual goberno dubida da legalidade dese documento e afirma que non figura no convenio asinado no seu día co empresario, nin nos rexistros nin en acordos plenarios ou de comisións. O empresario pode agora recorrer á vía contenciosa ou aceptar o que lle esixe o Concello.

    Redacción Salnés