Partidos complicados para Vilalonga e Portonovo

futbol250_211108.jpgSALNÉS > Fin de semana difícil a priori para Vilalonga e Portonovo. Os de Gabi Leis visitan ó líder mentres que o conxunto de Milucho recibe en Baltar o poderoso Ourense.

Decimoterceira xornada de liga, con esta pecharase o primeiro tercio dunha competición que está a ser igualadísima. Calquera lle pode gañar a calquera.

Iso é o que intentará facer o Vilalonga na súa visita ó líder Montañeros, que leva oito victorias nos últimos dez partidos, demostrando así que son un claro candidato a meterse na fase de ascenso. José Ramón González dirixe a este equipo que posúe xogadores de renome en tódalas súas liñas. No Vilalonga son optimistas de cara ó choque, de feito fixeron mellores partidos este ano cos rivales teóricamente máis duros, un exemplo: venceron ó Santa Comba a domicilio cando os de Gelucho eran líderes alá pola xornada sete. A ver se o repiten. Quito e Machu, con sendas roturas de fibras serán baixa; úneselles Saúl sancionado, aínda que Leis recupera a Rubí que non estivo ante o Coruxo.

O Portonovo  enfróntase tamén a outro dos galos da categoría, o Ourense. Os de Milucho veñen de perder en Santiago ante o Compos pero están coa moral reforzada polos últimos dous partidos feitos. Intentarán dar sorpresa ante o terceiro clasificado, que baixa o seu nivel cando xoga fóra da casa. A ver se o aproveitan os portonoveses.

O Arousa pola súa banda busca recuperar o bo camiño que emprendera nas últimas semanas vencendo na casa ó Negreira. Conxunto moi irregular, capaz este ano do mellor e do peor, pero que visita a Lomba a sabendas de que é un campo que históricamente se lle dá ben, acadou catro triunfos nos últimos seis desprazamentos. Teñen bos xogadores de medio campo cara arriba, como Nacho, Jano ou Julián, que se teñen o día son difíciles de parar. Unha victoria dos de Laxes os metería de cheo na loita por entrar entre os catro primeiros.

O que máis preto está do cuarto é o Céltiga que xógase os puntos no Xosé Argiz, ante o Verín. Rival duro, comprobouno o Arousa a pasada semana, moi incómodo, con xogadores físicamente moi poderosos e co mellor xogo aéreo e de estratexia da categoría. Enfronte, os de Josiño Abalde saben que é un momento importante para non deixar marchar ós de arriba e que unha segunda victoria consecutiva fóra da casa reforzaría moito a moral do equipo. Beni sancionado e Albert lesionado, son as únicas baixas por parte dos da Illa.

Destacar ademais os partidos de Preferente Autonómica: Ribadumia – Melias, Unión Grove – Arenteiro e Sanxenxo – Salvaterra.

Redacción Salnés