BARBANZA> A atleta Ana Peleteiro inicia mañá sábado a súa participación no Campionato de Europa de Pista Cuberta que se celebran na cidade polaca de Torun. A ribeirense aspira a revalidar o título europeo en triplo salto conseguido hai dous anos en Reino Unido.
A localidade polaca de Torun acolle estes días a cita atlética máis importante da tempada invernal: os Campionatos de Europa de Pista Cuberta. A cita será a antesala do que serán os Xogos Olímpicos, a finais do mes de xullo e principios de agosto deste mesmo ano. E nela, toma parte unha das atletas galegas máis importantes do momento, como é a ribeirense Ana Peleteiro. Nestes campionatos terá a difícil papeleta de defender o seu último título continental na modalidade de triplo salto logrado en Glasgow 2019. A saltadora ribeirense terá que estar nos seus máximos niveis xa que fronte ela terá a dúas importantes saltadoras, a grega Papahrístou cunha marca este ano de 14’60 metros e a bielorrusa Skvartsova con 14’39. A competición arrancará para ela mañá sábado, ás doce, coa fase de clasificación. A final está previsto para o domingo a partir das cinco e vinte da tarde.