Cambados acolle a VI Exposición Saudarte da FGCN

    CAMBADOS> Saudarte abre as súas portas esta semana na que é a sexta edición desta exposición de arte arousá, que amais do seu compoñente…

    {flowplayer}images/salnes/saudarte_cambados_300512.flv{/flowplayer}

     … visual e creativo, pretende ir máis aló e apuntar novas formas de ocio saudable. Esta mostra inclúe unhas 36 creacións que estarán dispostas no Pazo do Torrado en Cambados desde o un ata o 10 de xuño.

    As creacións de artistas noveis, non profesionais, de centros educativos da contorna e, tamén procedentes de creacións privadas; terán aquí o seu espazo para chegar ó público en xeral. Pero as actividades da Federación Galega Contra o Narcotráfico van máis aló, planificando outras accións no outro lado da Arousa.

    A FGCN continua amais ca promoción de outras actividades para a xente moza en torno ó deporte ou outras actividades grupais cas que ocupar o tempo de lecer.

    Redacción Salnés