O Est. Otero precisa dunha victoria máis para salvarse

tenisdemesa250_100310.jpgCAMBADOS> O Establecimientos Otero caeu na casa esta semana polo que se complica a salvación a falta de dous partidos. Os cambadeses están obrigados a gañar un deles.

Derrota agardada do Establecimientos Otero ante o L’Escala aínda que non se preveía un marcador tan abultado como o 1-5 final. A clave do encontro estivo na derrota de Eduardo Barreiro ante Volodomir Dvorak no cuarto punto. O cambadés dispuxo de ata catro pelotas de partido para pechar o choque e colocar o 2-2 no marcador, pero non foi quen de facelo e acabou su cumbindo. Logo Liu Junhui caeu ante Cristóbal García cando a remontada era case que imposible.

Destacou o bo debut na categoría de Fernando Padín que sen embargo non foi quen de puntuar. Agora fáltanlle dous encontros por disputar ó Establecimientos Otero e precisa dunha victoria para acadar a permanencia. No caso de perder en ambos compromisos, descederían. Terano que pelexar porque enfronte estará ó líder, o Termortur Calella, e o cuarto da xeral, o Tramuntana Figueres.

Unha división por debaixo, o Caixanova Cambados mantén opcións de permanencia logo de saldar o seu dobre enfrontamento da fin de semana cunha victoria e unha derrota. Impuxéronse por 4-3 ó Collosa Valladolid e caeron co Monteporreiro por un contundente 6-0. Na derradeira xornada deberían gañar ó Rábade e agardar que o Gigia perda fronte o Oviedo. Nesta mesma categoría e loitando polo ascenso está o Liceo Casino de Vilagarcía que mantense dcoliderando a táboa co Padronesa logo de vencer por 5-1 ó Collosa.

Nas ligas autonómicas, en Primeira Galega na fase de ascenso o Grupo Barros sucumbíu ante o líder Oroso por 5-2. Mentres no grupo de permanencia o Joyería Enrique acadou a salvación matemática tras impoñerse ó Arteal por 4-3, algo que está a piques de atar o Charol que se impuxo por 5-2 ó Rábade.

Na terceira o Chinelas sigue líder invicto e está clasificado xa como cabeza de serie para a fase final de ascenso.

Redacción Salnés