EU pide á alcaldesa que ‘lle tire das orellas’ a Gago

    fajardo100_241108.jpgVILAGARCÍA > Esquerda Unida volve a arremeter contra o presidente do Porto. As críticas céntranse agora no proxecto para O Ramal.

    {flowplayer}images/salnes/eu.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > Esquerda Unida volve a arremeter contra o presidente do Porto. As críticas céntranse agora no proxecto para O Ramal. Considera que Javier Gago está a destrozar o porto e cre que as actuacións a desenvolver no peirao comercial do Ramal servirán só para beneficiar a especuladores. O portavoz de Esquerda Unida di que Javier Gago actúa de costas á cidade con este proxecto para o peirao do Ramal e reclámalle á alcaldesa que lle tire das orellas.

    Esquerda Unida faise eco das declaracións que facía o propio Javier Gago sendo alcalde en 2001, nas que dicía que o Concello debía intervir no Porto, ou cando criticaba os recheos en desembocaduras de ríos. O que contrasta co que pretende facer no Ramal. A xuízo de Esquerda Unida, o proxecto do Ramal debería quedar en suspenso ata que o Concello marque a lo menos as liñas mestras do PXOM.

    Redacción Salnés