O Intecmar pide á comisión de pesca máis persoal para continuar sendo un instituto de referencia

VILAGARCIA> O Intecmar pide á comisión de pesca do parlamento máis persoal para continuar á vangarda de Europa na investigación das especies mariñas. Os deputados e deputadas visitaron o centro de Vilaxoán e puideron coñecer de primeira man as tarefas de control do medio mariño que levan a cabo os investigadores do Intecmar. Os membros da comisión mostráronse a favor de aumentar os orzamentos do centro.

Os deputados e deputadas da comisión de pesca do parlamento galego coñeceron de primeira man as tarefas que se levan a cabo no Intecmar de Vilaxoán. Nas instalación do centro puideron comprobar as diferentes investigacións que se realizan para garantir a calidade dos produtos do medio mariño.

Aproveitando a visita, dende o centro solicitaron máis persoal. Un incremento para axudar a que o centro continúe sendo referencia tanto a nivel nacional como internacional.

Os propios membros recolleron a petición do centro e mostráronse a favor de incrementar os orzamentos do Intecmar.

O centro realiza cada ano máis de 90 mil análises. As súas investigacións permiten que se cumpran as normas relativas a aspectos como a seguridade alimentaria e sanitaria dos moluscos bivalvos. O seus éxitos levaron ao goberno a consideralo como laboratorio nacional de referencia de biotoxinas mariñas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí