VILAGARCIA> Traballar a inclusión social a través da actividade física. Con este obxectivo o instituto de Carril organizou a iniciativa “Marzo sen fronteiras” en Vilagarcía. O proxecto lévano a cabo os alumnos do segundo curso de TAFAD.
Despois de todo un ano de formación e organización, os alumnos do segundo curso de TAFAD de Carril, levaron a cabo a iniciativa “Marzo sen fronteiras”. No evento practicaron diferentes actividades con persoas con discapacidade co obxectivo de fomentar a inclusión social a través do exercicio físico.
Os centros convidados foron: BATA, Con Eles, Amencer, o Centro de Educación Especial e o Centro O Saiar. Tamén participaron os alumnos do primeiro curso titorizados polos de segundo. O evento naceu hai 5 anos para converter en realidade un traballo académico. O proxecto foi medrando e incorporando materias novas, converténdose xa, nunha proposta multidisciplinar.
Son moitas as actividades que se realizan neste evento, entre as que se encontran carreiras, Taichí e Capoeira. Todas xestionadas polo alumnado, que organiza a cita a custo 0 buscando patrocinadores que colaboren. O acto pechouse ca visita de Sergio Álvarez, porteiro do Celta, que entregou diferentes premios ós participantes.
Comments are closed.