A Terraza Corsario consegue un Solete Repsol grazas as súas vistas, a súa comida caseira e ao seu trato cos clientes

SANXENXO> Vistas privilexiadas, comida caseira e un trato de primeiro nivel. Estas calidades permitíronlle ao chiringo o Corsario de Sanxenxo conseguir un Solete da guía Repsol. A terraza do local permite unhas vistas únicas á praia e a ermida da Lanzada, ao Grove e as Illas de Sálvora e Ons.

Con estas impresionantes visitas, os clientes que se acheguen ao chiringo o Corsario de Sanxenxo poden gozar de comida, cócteles, música e todo cun trato excelente. Así o define a guía Repsol, que por estas calidades concedeulle ao local un Solete de Verán.

A contorna privilexiada permite gozar da ermida e da praia da Lanzada, da costas do Grove ou das Illas de Sálvora e Ons. Os propios clientes destacan esta calidade.

Precisamente a comida é outra das grandes calidades deste local. A clave está na comida caseira.

Os propios clientes tamén confirman o sabor da comida.

Os clientes tamén destacan o gran trato recibido por parte de Lita, Fernando e do seu equipo. Dende o Corsario tamén destacan os seus concertos e cócteles e recomendan, ademais da comida, achegarse ao Corsario a gozar das postas de sol entre o Grove e Sálvora.