Aparatoso accidente en pleno casco urbano da Pobra

POBRA> O sinistro tiña lugar este mediodía, ó redor das dúas e media, na estrada AC-305, en pleno casco urbano, á altura do Concello. Nel víronse implicados un autobús escolar e un turismo. A pesar da súa espectacularidade, e despois de ver o estado no que quedou este último, non se produciran feridos de consideración. As causas do choque están a ser investigadas pola Garda Civil de Tráfico, aínda que todo apunta a que a condutora do turismo, profesora no instituto da localidade, quixo meterse en dirección contraria. O condutor do autobús non puido esquivalo, impactando con el e mandándoo contra a parede dun edificio colindante. Nin os condutores dos dous vehículos, nin tampouco os escolares que viaxaban no autocar, sufriron danos. Posteriormente, e a consecuencia do choque, rexistráronse importantes retencións na zona e durante o tempo no que se procedeu á retirada dos vehículos, a estrada permaneceu cortada ó tráfico, desviándose a circulación por unha vía alternativa.