A Xunta desenvolve traballos de prevención nas faixas secundarias en varias parroquias sonenses

O PORTO DO SON> Acompañada do alcalde, Luis Oujo, a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, visitou a parroquia de Xuño, catalogada como priorizada, onde se están a levar a cabo traballos de xestión da biomasa nas faixas secundarias ó abeiro do convenio de colaboración asinado con Seaga.

Segundo ela en todo o termo municipal atópanse un total de 188 parcelas contratadas para realizar este tipo de traballos nas cinco parroquias priorizadas que ten este Concello e que suman unha superficie total, en faixas de xestión, dunhas 32 hectáreas. Que os propietarios poidan contratar a Seaga para a xestión da biomasa nas faixas secundarias de parroquias priorizadas é unha das posibilidades que ofrece o acordo asinado con esta empresa pública.

Dende o Concello, destacaron tamén a importancia destes traballos de prevención.

A titular do Medio Rural pediu tamén ‘sentidiño’ de cara a unha noite como a de hoxe, na en toda Galicia proliferarán as cacharelas do San Xoán.

Aínda que a maioría das fogueiras se realizarán, segundo ela, en zonas urbanas, de competencia municipal, avogou por manter tódalas medidas de precaución posibles, debido ó aumento previsto das temperaturas e o conseguinte risco de incendio.