Os socialistas defenden que a antiga Comandancia da Mariña debería albergar o novo centro de saúde da vila

    VILAGARCIA> O portavoz dos socialistas no Parlamento de Galicia, Xaquín Fernández Leiceaga, visitou esta mañá Vilagarcía de Arousa onde incidiu na necesidade de que a vila conte cun centro de saúde en condicións, e defendeu a proposta do executivo de Alberto Varela, de que o solar da antiga Comandancia da Mariña albergue o futuro novo centro de saúde. A posibilidade de que Vilagarcía conte cun novo centro de saúde no centro da vila, é un tema moi discutido nos últimos meses. A pesar da necesidade real existente dunhas novas instalacións e das continuas queixas dos cidadáns, parece que polo de agora Vilagarcía non contará cun novo e céntrico centro de saúde, como así defende o executivo local. Aínda así, Alberto Varela admite que non desistiran na súa petición. O terreo que ocupa a antiga Comandancia da Mariña no centro da vila foi desbotado pola Xunta de Galicia ao non reunir as condicións construtivas, polo que habería que derribalo para construír un novo edificio, o que segundo o ente autonómico suporía un custe desorbitado. Uns custes segundo os socialistas moi inferiores os da compra dun solar. Leiceaga anunciou na súa visita a capital arousá, que o tema do centro de saúde será levado ao Parlamento de Galicia. O terreo da antiga Comandancia da Mariña ten unha superficie de preto dos 5.000 metros cadrados. Segundo o rexedor da vila, segundo o artigo 44 da Ley de Portos do Estado establecese a que a Autoridade Portuaria pode ceder gratuitamente un espazo en desuso con fins sociais. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/leiceaga_visita_vilagarcia_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2017/03marzo/24/leiceaga_visita_vilagarcia.mp4{/flowplayer}