A Audiencia Provincial xulgará a Luís Gigirey o 28 de xaneiro

    xuizogigirey_100_021208.jpgPOBRA > O ex-xefe da Policía Local da Pobra, actualmente de baixa por unha grave enfermidade, está acusado dun posible delicto de malversación de caudais públicos.

    {flowplayer}barbanza/xuizogigirey.flv{/flowplayer}

    A decisión da fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de xulgar ó xefe da Policía Local da Pobra do Caramiñal, Luís Gigirey, por un presunto delicto de malversación de fondos públicos, producíase o pasado mes de xaneiro. Aínda así, a denuncia non era nova e remontábase xa a catro anos antes, cando once dos trece axentes do corpo da Policía Local da Pobra, asinaron un escrito no que denunciaban as supostas irregularidades cometidas por Gigirey no cobro de multas entre os anos 2002 e 2004. Daquela os grupos da oposición, tanto o BNG coma o PSOE, fixéranse eco da polémica e mesmo o executivo local se veu obrigado a anula-la convocatoria da praza de sarxento que tiña preparado para este corpo.

    O fiscal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia considera probado que Gigirey cobrou un total de cinco multas sen ingresa-lo correspondente diñeiro nas arcas municipais, nin tampouco na Xefatura Provincial de Tráfico, obtendo presuntamente un beneficio patrimonial ilícito pola súa parte. En total, segundo a fiscalía, o xefe da Policía Local pobresa, agora de baixa, apropiouse dunha cantidade de 1.381 euros.

    Se o fiscal manten no xuízo que se celebrará o vindeiro 28 de xaneiro a súa solicitude de pena inicial, Gigirey podería enfrontarse a dous anos de cárcere, a suspensión do cargo durante tres anos e unha multa de 1.860 euros, así como tamén as costas do xuízo e unha indemnización ó concello por valor duns 976 euros.

    No xuízo declararán algúns dos once axentes que en agosto de 2004 asinaron ese escrito dirixido á Alcaldía no que denunciaban as presuntas irregularidades cometidas por Luís Gigirey, así como a interventora e varios afectados.

    Redacción Barbanza