Vilanova Centro reparte regalos entre os consumidores que merquen no pequeno comercio

    vilanova_centro1000.jpgVILANOVA > A asociación de comerciantes Vilanova Centro presentou este mércores a Campaña de Nadal do comercio local. Este colectivo pretende…

    … potenciar o consumo na zona de cara as festas e para logralo repartirán rascas entre os compradores. Os consumidores que compren en Vilanova optarán a varios premios directos, que van dende vales de compra ata estancias de fin de semana no balneario da Toxa. 

    Os consumidores que se acheguen a mercar a Vilanova, este nadal recibirán un rasca co que poden conseguir importantes premios. Os comerciantes de Vilanova queren potenciar así as compras no comercio local estas festas nun momento no que descendeu o consumo, en todo o país, debido á crise económica que estamos a sufrir a nivel internacional. E que tamén afecta ao comerciantes de Vilanova.

    Para paliar os efectos da crise a consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia aumentará as partidas orzamentarias para o pequeno comercio, de cara ao ano 2009. O obxectivo e apoiar aos pequenos comerciantes facendo os seus negocios máis competitivos.

    Os comerciantes asociados en Vilanova Centro consideran que estas campañas de promoción do Pequeno Comercio darían máis resultado si se fixeran a nivel comarcal.

    Esta campaña de apoio ao Pequeno Comercio está cofinanciada pola Deputación Provincial de Pontevedra, a consellería de Innovación e Industria, o concello de Vilanova e a Federación Galega de Comercio de Pontevedra, coa colaboración de varias institucións privadas.

    Redacción Salnés

    {flowplayer}images/salnes/campana_comerciantes_vilanova.flv{/flowplayer}